Lei do Deporte e Consello Superior de Deportes Lei do Deporte de 2013 De acordo co artigo 43.3 da Constitución: “Os poderes públicos fomentarán a educación sanitaria, a educación física e o deporte. Así mesmo, facilitarán a adecuada utilización do ocio”. Para desenvolver este principio constitucional, aprobouse en xuño de 2013 a nova Lei do Deporte en España. Xa existía unha lei (orgánica porque emana directamente da constitución) previa, aprobada en 1990, pero cos cambios no xeito de explotación económica e a chegada de novas prácticas deportivas (urbanos, novas técnicas de adestramento…) fíxose necesario aprobar unha lei que se adaptase á nova realidade, e protexese tanto a deportistas como a entidades e fomentase unha nova cultura deportiva en España. Esta norma regulamenta moitos aspectos distintos da práctica deportiva en España. Podemos atopar tanto algúns dos principios que deben seguir as Administracións en materia deportiva ...
Comentarios
Publicar un comentario