Lei do Deporte e Consello Superior de Deportes

Lei do Deporte e Consello Superior de Deportes


Lei do Deporte de 2013


De acordo co artigo 43.3 da Constitución: “Os poderes públicos fomentarán a educación sanitaria, a educación física e o deporte. Así mesmo, facilitarán a adecuada utilización do ocio”. Para desenvolver este principio constitucional, aprobouse en xuño de 2013 a nova Lei do Deporte en España.


Xa existía unha lei (orgánica porque emana directamente da constitución) previa, aprobada en 1990, pero cos cambios no xeito de explotación económica e a chegada de novas prácticas deportivas (urbanos, novas técnicas de adestramento…) fíxose necesario aprobar unha lei que se adaptase á nova realidade, e protexese tanto a deportistas como a entidades e fomentase unha nova cultura deportiva en España.















Esta norma regulamenta moitos aspectos distintos da práctica deportiva en España. Podemos atopar tanto algúns dos principios que deben seguir as Administracións en materia deportiva  (ensinanza da educación física, promoción da práctica deportiva na mocidade…) como artigos que regulan a creación e condicións que deben cumplir tanto ligas como clubes. Así mesmo tamén dicta as competencias do Consello Superior de Deportes, o órgano administrativo máis importante no desenvolvemento de actividades e infrastruturas no deporte do noso país.

O Consello Superior de Deportes


É equivalente a unha Secretaría de Estado. Isto significa que a súa presidencia é nomeada directamente polo xefe do ministerio baixo o que se poida englobar. Ten unha dotación orzamentaria de aproximadamente 200 millóns de euros, coa cal se sufragan todos os soldos dos funcionarios que levan a cabo tarefas nel, así como Centros de Alto Rendemento e diversos programas de fomento da actividade deportiva.

Resultado de imaxes para consejo superior
Logo actual do Consello Superior de Deportes

Tamén ten un organismo de mediación entre distintas partes do Deporte. Este corpo chámase TAD (Tribunal de Arbitraxe Deportiva) e, malia non ter capacidade xurídica real, as súas decisións son vinculantes, e por ende relevantes, xa que de non se acataren as súas sentenzas, os clubes, os deportistas ou as federacións díscolas serían suspendidas, non puidendo realizar as súas actividades de forma profesional. Porén, non é o máximo órgano de mediación posible, xa que a xustiza ordinaria pode ditaminar en contra da decisión tomada polo TAD.

Boa parte do Dereito Deportivo é aplicado no TAD, así que as persoas que queiran dedicarse a esta pola do Dereito deberían informarse e formarse moi ben sobre como funciona este órgano administrativo.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Noticias: Stéphanie Frappart, la primera mujer que arbitró una final europea masculina de fútbol

Condicións laborais e convenios dos deportistas